martes, 23 de mayo de 2017

DIARIO DE ÉXITOS

       Durante as vacacións de Semana Santa, as familias do alumnado da aula de 4º de infantil (3-4 anos) cumplimentaron estes CADERNOS DE ÉXITOS de cadanseu fillo ou filla. Agora as nenas e nenos, por quendas, van contándonos e amosándonos o seu contido: SON CAPAZ DE, A MIÑA REDE DE AFECTOS, NA CASA EU FAGO... Desta maneira  fomentamos a autoestima do noso alumnado. 
     Graciñas ás familias por colaborar.
    Esta actividade é unha das propostas do programa de educación en valores da fundación MENIÑOS: Viaxe ao reino das emocións.

martes, 2 de mayo de 2017

ESPETO DE FROITAS. 4º DE INFANTIL.




Os nenos e as nenas da aula de 3 anos puxeron en práctica as súas dotes como COCIÑEIRAS e COCIÑEIROS preparando unha comida saudable a base de froita: ESPETO DE FROITAS. Pincharon pedazos de fresas  e plátanos en paus, facendo series. Despois, pola tarde, antes de ir para casa comeron a froita de merenda. 


miércoles, 22 de marzo de 2017

ZUME DE LARANXA

Os nenos/as de infantil de 5 anos disfrutamos facendo zume de laranxa. Estaba boísimo.

martes, 14 de marzo de 2017

MAGOSTO

 


Os nenos/as de Infantil pasárono xenial cos xogos que organizamos para celebrar ese día. Rematamos




o día comendo castañas, chocolate e biscoitos.